Os pontevedreses alzarán a voz o 25N para esixir a fin dos minutos de silencio

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou hoxe o programa de actividades enmarcado no 25N, o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Unha campaña distinta á de anos anteriores pola crise da Covid e na que as pontevedresas esixirán poñer fin aos minutos de silencio.

Cambia o lema e o programa de actividades, muda a maneira de celebralo pero mantense o carácter reivindicativo desta xornada. Pontevedra volverá a alzar a voz o próximo 25 de novembro para esixir a fin dos minutos de silencio. Este ano a campaña será virtual pero nas rúas colocaranse frases coma estas.

Neste 25 de novembro non faltará o popular manifesto. Este ano estará a cargo dela, a xornalista do Diario de Pontevedra, Sara Vila.

O programa de actividades completarase con dous obradoiros. O primeiro, o taller fotográfico “Namórate de ti”, que xa foi posto en marcha o pasado 3 de novembro. O segundo, o Obradoiro de Autodefensa Ciberfeminista que se levará a cabo os días 18,19, 25 e 26 de novembro e que estará a cargo de Andrea Momoitio.

Para finalizar a programación, o goberno local despregará mañá unha pancarta na Casa Consistorial e repartirá chapas e máscaras coma esta entre a cidadanía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí