O instituto Valle-Inclán garda un minuto de silencio para arroupar á filla dun dos mariñeiros do Villa de Pitanxo

PONTEVEDRA> A traxedia do Villa de Pitanxo golpeou ao instituto Valle Inclán. Janet, a filla de Edmon Okutu, un dos mariñeiros veciño de Pontevedra estuda terceiro da ESO neste centro da cidade. Hoxe estudantes e profesores concentráronse ás portas do edificio. Alí gardaron un minuto de silencio e leron un comunicado de apoio ás familias e ás súas reclamacións. Eles tamén se suman ás voces que reclaman que non se pare a busca da tripulación que continúa desaparecida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí