Visto bo do pleno ós orzamentos municipais de Ribeira

    RIBEIRA> Ribeira xa conta con orzamentos. O pleno aprobou a proposta da alcaldía que recollía moitas das actuacións plantexadas pola oposición. A maior parte dos investimentos enmárcanse no Plan ‘Máis Riveira Atlántica’. Así de agradecido co resto da corporación se amosaba o alcalde de Ribeira por ter sacada adiante o seu proxecto de orzamentos que ascende a máis de vinte e oito millóns de euros. Orzamentos baseados, na súa maioría, en proxectos e actuacións previamente consensuadas e aprobadas en pleno como é o plan EDUSI que leva a maior parte do investimento en obras. Os voto a favor de IPdeR e Ciudadanos e a abstención do resto da corporación, a excepción dun concelleiro, permitiron aprobar inicialmente uns presupostos que incrementan o gasto social en máis dun sete por cento. Se ben a oposición concorda coas liñas básicas do proxecto orzamentaria houbo tamén espazo para a crítica en relación a cuestións como ou a necesidade dun maior control e seguimento das obras. Tan só o concelleiro non adscrito, Asier Casais, votou en contra dos orzamentos baseándose no alto nivel de endebedamento. Débeda que, segundo explicou o alcalde, mantense no 48 por cento, moi por debaixo dos límites legais.