En Marea considera imprescindible abrir un debate sobre o modelo de ordenación do territorio

Pontevedra> Denuncias tamén dende o grupo En Marea. O voceiro deste partido estivo hoxe en Pontevedra, Luis Villares, considera que as axudas que anunciou a Xunta, ante a vaga de lumes, son imprescindibles e insuficientes. Villares cree que o Goberno Galego debe abrir un profundo debate sobre o modelo de ordenación do territorio na nosa comunidade. Tralas axudas aprobadas no consello da Xunta para paliar os danos ocasionados trala vaga de lumes, que asolou Galicia, e especialmente a nosa provincia, o voceiro de En Marea considera que son imprescindibles e insuficientes, e que a primeira actuación que debería executar a Xunta de Galicia é aprobar un Plan de choque medioambiental. Dende En Marea tamén consideran imprescindible o reforzar o plan sanitario de atención psicolóxica para axudar a todos os damnificados nesta catástrofe. Pero dende este grupo o que consideran urxente por enriba de todo é abrir un debate profundo sobre o modelo de ordenación do territorio en Galicia. Dende EN Marea consideran que os servizos de emerxencias deberían estar verificando os danos e desperfectos ocasionado polos lumes para poder actuar canto antes nesas zonas. Luis Villares cree que dende o servizo de emerxencias non se foi capar de dirixir os medios dispoñibles nesta vaga de lumes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí