Investigan por homicidio imprudente ao condutor que atropelou a dous ciclistas en Poio

POIO> O condutor octoxenario que o pasado domingo atropelaba a dous ciclistas en Poio, causando a morte dun deles, será investigado como suposto autor dun delito de homicidio imprudente. Como primeira medida, ten retirado o seu permiso de conducir. O importante tránsito de vehículos que rexistra esta estrada, e segundo coinciden políticos, deportistas e viandantes, a falta de medidas de seguridade, propician que esta vía se atope no centro da polémica cando sucede un feito como o de este domingo na parroquia de Samieira, cando un vehículo arrolou a dous ciclista causando a morte dun deles. O condutor de 82 anos está sendo investigado como autor dun presunto delito de homicidio imprudente, polo momento e de maneira preventiva, ten retirado o permiso de conducir. A Garda Civil ademais propuxo unha revisión extraordinaria para a realización dun exame psicotécnico. Uns controis cos que se pretende valorar si o condutor pode continuar conducindo vehículos despois de verse implicados nun accidente. Segundo datos facilitados pola Garda Civil, na provincia propuxéronse recoñecementos deste tipo a 10 condutores no 2014, 18 en 2015 e a 29 no primeiro semestre de 2016. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/11/imputado_homicidio_accidente_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/11/imputado_homicidio_accidente_poio.mp4{/flowplayer}