A confraría de Carril non aboará aos Parquistas o 2% de ventas en lonxa

    VILAGARCIA> A confraría de Carril non aboará aos Parquistas o 2% de ventas en lonxa ata que se constitúan os órganos de goberno. Unha decisión que foi comunicada ao colectivo e que parece ser que non foi moi ben asumida polo presidente da mesma, e ex patrón maior de Carril, José Luis Villanueva. Os Parquistas de Carril non percibirán o 2% de vendas en lonxa dos seus asociados, a lo menos polo de agora. Unha situación que tal e como sinalan diferentes medios locais non foi moi ben asumida polo presidente da agrupación, José Luis Villanueva. A presidenta da xestora que está aos mandos da Confraría de Carril, María Jesús González afirmou a cámara de esta casa que non se trata de unha retirada, senón dun embargo ata que se aclaren certos aspectos do convenio asinado que non están claros. Villanueva recoñece noutros medios locais que esta medida responde a un “intento de poñerlle a zancadilla” e recorda que tódalas agrupacións que conviven na confraría perciben ese 2% das vendas dos seus socios en lonxa. González recorda que o perciben todas aquelas que están englobadas no “seo da confraría non das que están fora”. Cabe sinalar que ao fin da edición de esta información resultou imposible contactar co ex patrón de Carril e actual presidente da Agrupación de Parquistas para coñecer a súa opinión sobre o tema. Pola súa parte María Jesús González asegura, en canto as declaracións de Villanueva de levar o tema os tribunais, que espera tranquila esa denuncia, xa que de ese xeito destaparíanse de xeito público moitos temas que teñen que ver coa xestión da confraría carrilexa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/12/situacion_confraria_carril_parquistas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/12/situacion_confraria_carril_parquistas.mp4{/flowplayer}