Noia mesturará música e tradición nunha nova edición das festas de San Marcos

    NOIA> Este venres arrancarán as festas de San Marcos en Noia. A música será a principal compoñente do programa de actividades que celebrará o día grande o martes 25 coa tradicional feira cabalar. A orquestra Gran Parada dará o pistoletazo de saída ás festas de San Marcos grazas á achega de varios locais hostaleiros da vila. A verbena do venres dará paso á gala musical do domingo coa presenza de destacados artistas a nivel nacional e internacional. Non pode faltar na programación a xa clásica cita coa París de Noia que actuará o domingo. Previamente terá lugar polas rúas da vila a Segunda Foliada Popular. O martes, día de San Marcos, terá lugar en San Lázaro a feira cabalar e de maquinaria agrícola con numerosas exhibicións e concursos ecuestres.