Sanxenxo roza o 90% da súa oferta de ocupación na Semana Santa

    SANXENXO> O turismo disparouse durante esta Semana Santa conseguindo segundo sinalan fontes do sector cifras de ocupación históricas. A ocupación en Sanxenxo durante estas datas sinaladas achegouse a case o 90% da oferta. O bo tempo, o bo ambiente, as boas praias e a boa gastronomía uníronse con forza esta Semana Santa para acadar unhas cifras de récord por estas datas. En Sanxenxo a ocupación achegouse o 90% da oferta. Máis de 22.000 persoas durmiron na vila sanxenxina durante a Semana Santa. Unha cifra que se deixou notar na hostalería. Pero o turismo non só afecta positivamente a hostalería, os comerciantes da vila tamén fan unha lectura moi positiva destes bos datos de ocupación que se deixan notar nas compras. Este é o aspecto que presentaba a vila este luns, despois dunha Semana Santa que arroxou uns datos que reflicten a boa saúde de Sanxenxo como destino turístico. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/17/sanxenxo_historico_semana_santa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/17/sanxenxo_historico_semana_santa.mp4{/flowplayer}