A Ruta do Viño Rías Baixas recibíu máis de 100 mil visitas no 2016

Pontevedra> Máis de 100 mil persoas visitaron ao longo do 2016 a Ruta do Viño Rías Baixas. Rexístrase así, un incremento do 15 por cento en relación ao 2015. Este primeiro balance, baseado nos datos do informe da Asociación de Cidades Españolas do Viño, foi presentado esta mañá polo presidente da Ruta do Viño e pola xerente desta entidade. A Ruta do Viño Rías Baixas superou no 2016 as 100 mil visitas. Esto supón un incremento do 15 por cento, en relación ao 2015, no número de persoas que percorreron algunha das bodegas ou museos do viño asociados. Este é o primeiro balance baseado nos datos do informe da Asociación de Cidade Españolas do Viño. A Ruta do Viño está presente en todas as subzonas das Rías Baixas e conta 103 sociosentre os que se atopan 49 bodegas asociadas e ten presenza en 17 concellos da provincia. Trátase da Ruta con mellor puntuación a nivel nacional, conta con 80 puntos sobre 100. É ademais, o único itinerario enolóxico galego como ruta accesible. En relación as contas da Ruta do Viño Rías Baixas a xerente desta entidade dixo que esta asociación foi auditada voluntariamente no ano 2015 onde non se detectaron erros ou irregularidades que afecten a situación patrimonial e que a vindeira auditoría terá lugar neste 2017. Lorena Varela explicou que o presuposto da Ruta do Viño dos últimos tres ano ronda os 100 mil euros, deles, o 50 por cento proceden de subvencións aportadas polas Administracións Públicas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/rias_baixas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/rias_baixas.mp4{/flowplayer}