O Concello de Pontevedra presenta ós veciños o anteproxecto da rúa Lepanto

PONTEVEDRA> Os veciños da rúa Lepanto poderán escoller como queren que sexa a súa renovada rúa. O concello presentoulles esta tarde o anteproxecto de reforma da vía. Entre as principais novidades, salienta a creación dunha pequena praciña na intersección con Benito Corbal.

Xa se coñecen tódolos detalles do anteproxecto de reforma da rúa Lepanto. O goberno local mantivo esta tarde unha xuntanza cos veciños da zona para trasladarlles a proposta, que agora terán que analizar. Para o concello, a reforma  “todos os parámetros de calidade” do modelo urbano de Pontevedra.

Ademais da creación dunha rúa amable e vistosa para o lecer, o executivo local pretende que a nova fisionomía do vial incentive a creación de nogocios na zona.

O anteproxecto contempla a creación dunha plataforma única, onde o acceso rodado quedará restrinxido unicamente ó paso de residentes e servizos.  Tamén vai mante-lo seu sentido de circulación de San Antoniño a Benito Corbal, pero quedará sen aparcadoiros.

A actuación prevista inclúe, na  parte máis próxima a Benito Corbal, a creación dunha pequena praza que aproveitará o espazo existente á beira da antiga delegación da Xunta de Galicia, que xa se atopa en plena rehabilitación. Neste punto, os veciños teñen moito que aportar, porque o Concello propón dunhas posibles solucións.

O pavimento que se propón é lastro confinado en bandas de formigón, o mesmo modelo que se empregou no treito no peonalizado de Benito Corbal. Segundo apuntan dende o Concello está solución ten un fácil mantemento e resulta atractivo á vista.

Se todo vai segundo os cálculos do goberno local, o proxecto definitivo podería estar redactado despois do verán.