Drons ao servizo contra os lumes

PORTO DO SON> A tecnoloxía ó servizo contra os lumes forestais. A consellería de Medio Rural probou esta mañá en Porto do Son drons que axudarán nas tarefas de coordinación e control dos desbroces nas franxas de seguridade próximas ás viviendas. O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, explicou que o drons permitirán coñecer de forma máis áxil o estado da vexetación e os accesos a cada unha das parcelas nas que posteriormente se actuará.

Con drons coma este a consellería de Medio Rural analizará  a vexetación nas diferentes zonas e os accesos ás parcelas para organizar posteriormente os traballos de limpeza e roza da maleza. A actuación forma parte do sistema público de xestión da biomasa creado a través do convenio de protección das aldeas con maior risco de lumes forestais, que foi asinado hai varios meses entre a Consellería, o Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

O director xeral de Defensa do Monte animou aos propietarios de parcelas localizadas en parroquias priorizadas a adherirse a este sistema que lles ofrece a limpeza da súa finca a un prezo máis axustado e vantaxoso que no mercado.

A día de hoxe xa hai 204 concellos galegos adheridos a este sistema de xestión de biomasa, dos que catro se atopan na comarca do Barbanza: Boiro, Lousame, Rianxo e Porto do Son. Dende a Xunta apuntan a que o número de municipios seguirá medrando na medida en que se vexan os beneficios que supón para eles e os seus veciños este convenio.