O concello lanza una serie de campañas de concienciación aos condutores co fin de reducir os accidentes

Pontevedra> O concello de Pontevedra iniciou unha campaña de concienciación, co fin de que os condutores teñan o seguro do seu vehículo en regra e tamén pasada a ITV. Ademais, tamén iniciarán nas vindeiras semanas unha campaña de concienciación ao voante, e contarán coa adquisición dun radar para reducir a velocidade en puntos concretos da cidade. O concello de Pontevedra resixtrou no 2016, 884 acccidentes, deles 113 foron leves e 18 graves. No pasado 2016 non houbo ningún morto en accidentes na Boa Vila. Con estes daros sobre a mesa o concello e a Policía Local iniciarán unha serie da campañas co fin de concienciar aos condutores de vehículos de diferentes aspectos. O primeiro, unha campaña de concentración cando se está ao voante. A policía Local tamén se atopou no 2016 con 500 vehículos sen seguro e outros tantos sen pasar a ITV por iso xa ten en marcha unha campaña de concienciación de conducir sempre con seguro e coa ITV pasada, senon, este asunto pode saír máis caro que ter todo en orde, xa que consta de unha multa de 1500 euros. E o concello de Pontevedra tamén vai a adquirir un radar co fin de reducir a velocidade en puntos concretos da cidade. O obxectivo destas campañas é o de reducir o número de accidentes en Pontevedra e tamén o número de feridos graves. Pese a que os datos non son negativos, dende o concello teñen como fin melloralos neste 2017. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/sinistros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/sinistros.mp4{/flowplayer}