Fortnite e a Casa de Papel, os disfraces máis demandados para o Entroido

PONTEVEDRA> Arrinca o Entroido pontevedrés. Comeza a retranca e a diversión. Durante oito días, as rúas da Boa Vila encheranse de cor, de música e de xente con moitas ganas de pasalo ben. Para os que aínda non mercastes o voso disfrace, hoxe saímos a rúa para darvos algunha idea de última hora e coñecer cales foron os máis demandados para estas festas.

O Entroido é a época onde se cumpren todos os soños. Onde todo o mundo pode converterse nun animal, nun policía ou no protagonista dun videoxogo, serie ou película. O Entroido é unha festa na que todo o mundo desfruta, dende os pequenos ata os maiores. Aínda que tamén é un momento no que o disfrace supón máis dun quebradeiro de cabeza para algún. Por iso, os que teñan mercar o seu disfrace a última hora, estade ben atentos a esta pequena lista.

E para os máis clásicos, un bo disfrace de pirata nunca falla.

O comercio local está sufrindo moito a aparición do mercado online, sen embargo, as tendas máis populares nestas datas, como son Party Fiesta ou Novás, seguen manténdose ó pé do canón.

Co disfrace mercado, agora solo queda unha última cousa…

Pois xa o sabedes, se o tempo o permite, non vos esquezades do máis importante do Entroido, bailar, cantar e pasalo ben.

Comments are closed.