Pontevedra proxecta un investimento de 5,3 millóns de euros para rexenerar a xunqueira de Ponte Sampaio

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra avanza na recuperación e rexeneración da Xunqueira de Ponte Sampaio. A proposta presentada esta mañá contempla actuar sobre un espazo de máis de 25.000 metros cadrados, cun investimento de 5,3 millóns de euros. Un punto centra da actuación é a ampliación da praia, que pasará a superar os 7.300 metros cadrados.

O concello de Pontevedra pon os ollos na Xunqueira de Ponte Sampaio. O goberno local presentou un proxecto de recuperación e rexeneración desta zona, un dos espazos naturais máis atractivos do municipio.

Actuarase sobre un espazo de máis de 25.000 metros cadrados, entre a ponte medieval e o colexio público. Un dos eixos da intervención é o aumento da praia, que pasará de ocupar 3.300 metros cadrados a máis de 7.300.

Tamén instalaranse dous embarcadoiros nos extremos da Xunqueira para fomentar a práctica de deportes de auga e construirase un espigón no río. A área completarase cunha zona a modos de campo da festa e dous aparcadoiros.

A actuación está pendente da autorización de Costas, que ten dende 2016 parada a solicitude de desafectación destes terreos. O concello prevé invertir 5,33 millones de euros, de aí que presentarán o proxecto a convocatorias abertas de fondos europeos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí