Redes sociais, obradoiros e unha caravana: os tres piares da campaña do 25N do Concello de Poio

POIO> O Concello de Poio presentou hoxe a programación do 25-N. Nesta edición e, con motivo da Covid, a campaña será máis virtual, aínda que tamén haberá actividades en diferentes parroquias. Ademais, os centros educativos terán gran peso este ano.

O Concello de Poio volve a vestirse de negro para conmemorar o 25-N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Con motivo da Covid, as redes terán gran importancia nesta edición.

Aínda que a campaña deste ano será practicamente virtual, o goberno local levará a cabo tamén actividades nos centros educativos. Entre elas destaca un obradoiro que será impartido por Llerena Perozo, a autora do libro “En Poio sementamos Igualdade”.

Ademais destas actividades, dende o 20 ao 25 de novembro, a caravana “espazo libre” percorrerá o municipio para tratar de informar e sensibilizar á cidadanía na loita contra a violencia de xénero.

A programación rematará o propio 25 de novembro ás 12:00 horas co parón institucional e a lectura da moción conxunta de todos os grupos políticos da corporación municipal.

O Concello de Poio tamén repartirá material coma este entre toda a cidadanía. Todos os que queiran unha máscara ou unha mochila do 25-N poden solicitar o seu lote a través do correo electrónico participa@concellopoio.gal

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí