Os alumnos do IES Faro das Lúas fomentan a convivencia no seu centro educativo

    VILANOVA> Alumnos veteranos que tutelan a alumnos novatos, esa é a iniciativa que dende este ano está vixente no IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa, para loitar contra o acoso escolar e fomentar a convivencia e integración dos recen chegados ao centro. Lara e Lidia son dúas alumnas do IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. Elas forman parte da iniciativa que este ano se está a levar a cabo no centro vilanovés, no que os alumnos de 3º da ESO supervisan aos que chegan novos ao centro a fin de poder axudalos a adaptarse a vida no instituto e resolver pequenos problemas que lles puideran xurdir. Unha iniciativa que tal e como comprobamos axuda aos rapaces a integrarse. Daniel o igual que Lara comezou este curso a súa experiencia no instituto e ambos ben adecuada esta medida que lles permite ter “asesor” nesa nova etapa que acaban de comezar. O programa de “Titoría Entre Iguais” avanza adecuadamente neste curso 2016/2017, aínda que para que fose posible tivo unha fase previa, tal e como explica a orientadora do centro vilanovés, Belén Rodríguez. Esta é unha medida preventiva de futuros conflitos e tamén para mellorar a convivencia. A pesar disto dende o centro admiten que non houbo nin hai grandes conflitos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/faro_luas_proteccion_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/faro_luas_proteccion_vilanova.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí