O novo Xerenal Xefe da Brilat ten como obxectivo integrar ao exército na poboación

Pontevedra> Esta maña tivo lugar o acto de toma de posesión do novo xeneral xefe da Brital. Antonio Romero Losada acolle con moitos folgos esta nova andaina. Di, que un dos seus obxectivos é o de integrar ao exército na poboación, e ademais, engadiu que non descarta comezar a traballar en operacións internacionais. Un acto solemne foi o que esta mañá acolleu a base General Morillo para a toma de posesión do novo General Jefe da Brigada Galicia VII. Antonio Romero Losada di que chega a este novo cargo con moitas ganas xa que se trata dun dos mellores destinos do exército de terra en toda España. Romero Losada ten como obxectivo integrar á brigada na poboación galega. Ademais tamén di que tendo en conta que se trata dunha das mellores bases de España e que conta con profesionais moi cualificados ten na súa mente comezar a traballar en operacións internacionais. Un acto no que estiveron presentes o vicepresidente da Xunta, o delegado do Goberno en Galicia ou o alcalde de Pontevedra. Neste evento non faltou o tradicional himno da Brilat. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/brilat_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/brilat.mp4{/flowplayer}