VILAGARCIA> A organización de mexilloeiros Opmega entrega os premios dunha nova edición do concurso batéate. O programa leva a diferentes centros escolares o sector do mexillón para poñer en valor o seu traballo e buscar a rapaces e rapazas que queiran dedicarse profesionalmente. A gala estivo presentada por Carlos Blanco e Xose Antonio Touriñán, o actor que reside na Illa mandou unha mensaxe de apoio para que as rapazas, que son menos dentro do sector, non dubiden en dedicarse a el se é o que desexan.
O sector do mexillón, un do máis importante da nosa comunidade, e especialmente nas Rías Baixas, está tendo problemas co relevo xeracional. Cada vez menos rapaces e rapazas queren dedicarse á recollida de mexillón por iso dende a agrupación de mexilloeiros Omega levan anos celebrando o programa Batéate. Unha iniciativa que percorre os centros educativos costeiros amosando aos estudantes os beneficios do sector.
Este ano participaron 8 centros que mostraron a súa implicación realizando as súas reportaxes fotográficas e audiovisuais.
Dende o sector consideran que Batéate é unha gran oportunidade para chegar aos rapaces e conseguir ese relevo xeracional.
Os presentadores foron Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán que entretiveron aos escolares asistentes e fomentaron o traballo dos bateeiros.
O actor e cómico residente na Illa, Carlos Blanco, tamén mandou unha mensaxe de apoio para as rapazas, que son poucas dentro do sector, que queiran dedicarse ao mexillón profesionalmente.
Carlos Blanco tamén destacou as vantaxes de dedicarse ao sector do mar, recoñecendo a súa dureza, pero valorando que non é precarizado, as paisaxes das costas e a organización do tempo de traballo que teñen os bateeiros. Os premios que recibiron os rapaces foron moi variados e incluían móbiles e tablets.