VILAGARCÍA> A sanidade non se vende, se defende. Este é un dos lemas co que os pensionistas do Salnés manifestáronse en Vilagarcía. Reclaman máis investimentos en sanidade pare recuperar a atención presencial e ampliar o persoal sanitario.
Os pensionistas de Galicia volveron celebrar xornadas de reivindicación por toda a comunidade. Un dos puntos onde se celebraron estas manifestacións foi na Praza de Galicia de Vilagarcía. Alí os concentrados reclamaban máis investimento en sanidade.
As súas peticións van destinadas a aumentar os investimentos en sanidade.
Tamén reclaman que se reabran os centros sanitarios que están pechados, que se recupere a atención primaria e que se aumente o persoal sanitario.
Os pensionistas advirten que estas melloras son vitais para o seu colectivo, lembrando que o abandono da atención sanitaria derivou nunha gran mortalidade entre a xente máis maior. A agrupación continuará mobilizándose para recuperar un servizo esencial. A vindeira manifestación repetirase o día 9 de novembro en Vilagarcía e continuación celebrarán unha conxunta o día 14 en Santiago.