Pontevedra rexistra os mellores datos de ocupación na Semana Santa dende o 2010

Pontevedra> A provincia de Pontevedra ven de vivir a mellor Semana Santa dende o ano 2010 cun 85,59 por cento de ocupación. Concellos como o de Sanxenxo e O Grove tiveron un 100% de ocupación nos días fortes deste periodo vacacional, entre o xoves e o domingo. A provincia de Pontevedra arrasou en canto a ocupación se refire na Semana Santa. A presidenta da Deputación informou esta mañá que a ocupación na provincia chegou ao 85,59 por cento. Sendo as rías Baixas as favoritas para os turistas. Concellos como os de Sanxenxo ou O Grove chegaron ao 100% de ocupación nos días fortes desa semana, dende o xoves ao domingo. Por comarcas o Salnés contou cun 90,5 por cento de ocupación e Pontevedra cun 91 por cento. En canto ao turismo rural a ocupación situouse nin 70 %, 10 puntos máis que no ano pasado. O Salnés chegou a un 84% e Pontevedra a un 83%. Uns datos extraordinarios que, segundo Carmela Silva, amosan que o turismo segue apostando polas Rías Baixas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/semana_santa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/21/semana_santa.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí