Cambados Pode critica ao concello polo traslado do cartel de recoñecemento de cidade europea do viño

CAMBADOS> O concello de Cambados traslada o cartel que a recoñecía como cidade europea do viño 2017 ao Museo de Viño. O goberno local toma a decisión ante os requisitos que lle esixía a Xunta para seguir mantendo o recoñecemento na rotonda de Vilariño. A medida provoca as protestas de Cambados Pode que acusan aos socialistas de deixar de lado ao sector.

No ano 2017, Cambados facía historia converténdose na cidade europea do viña. Dende entón e ata o día de hoxe, un cartel na rotonda de Vilariño recordaba ese logro a todos os que chegaban a vila. Dende hai uns meses a xunta de Galicia instou ao concello a introducir unha serie de melloras para poder manter o letreiro na localización. No día de hoxe o concello decidiu retiralo. A decisión non gustou a Cambados Pode.

O líder da formación acusa ao goberno socialista de dar as costas ao sector do viño.

Ao próximo pleno ordinario de xaneiro, Cambados Pode levará unha moción con numerosos puntos para beneficiar ao sector vitivinícola. Entre eles, que o cartel volva á rotonda de Vilariño.

O cartel atópase agora mesmo de forma provisional no Museo do Viño. Dende o concello aclararon que están esperando a autorización de patrimonio para buscarlle unha ubicación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí