VILAGARCÍA> Vilagarcía gravará as vivendas de uso turístico a través da ordenanza do lixo e en función do número de prazas. Pasará dos case 28 euros ao ano por habituación a case 130 fixos máis 6,50 por casda praza. Ademais, o concello segue traballando na creación dun rexistro de VUT. Ambas decisións foron pactadas por PSOE e BNG.
Vilagarcía xa deu coa fórmula para gravar as Vivendas de Uso Turístico, o goberno local vai propoñer ao pleno que se faga a través da ordenanza regular da taxa pola recollida e xestión dos residuos municipais.
Ata o momento este tipo de aloxamentos pagaban unha cantidade ao ano en función do número de habitacións, 27,72 € por cada unha. Agora cada VUT pasará a ter un fixo de 129,56 euros, como a vivenda habitual de calquera familia, máis un variable de 6,50 por cada unha das prazas rexistradas. A medida conta co apoio do BNG, xa que forma parte do acordo entre socialistas e nacionalistas para a aprobación do presuposto.
O cambio na ordenanza fiscal debe ser aprobada en outubro para que entre en vigor o 1 de xaneiro. Ao mesmo tempo, o concello segue traballando na elaboración dun rexistro de vivendas turísticas.
A creación deste rexistro de VUT tamén é unha medida pactada co BNG.










