O Belén de Valga abre un ano máis as súas portas ó público

    belenvalgacopy.jpgVALGA> Estará aberto ata o vindeiro oito de xaneiro, de mañá de luns a venres e en horario de mañá e tarde domingos e festivos.

    {flowplayer}images/salnes/BELEN_VALGA.flv{/flowplayer}

    Como cada ano por estas datas abre as súas portas o tradicional Belén Artesán en Movemento de Valga. Máis de tres mil pezas conforman esta pequena cidade en miniatura. Os que desexen visitalo xa o poden facer desde o pasado domingo ata o oito de xaneiro.

    Desde a súa apertura o pasado domingo, o Belén Artesán en Movemento de Valga xa recibiu miles de visitas. E é que segundos os seus creadores non hai nada semellante pola zona. Unhas trinta persoas traballan cada ano para que as tres mil pezas deste belén estean perfectas por estas datas para deleitar ós visitantes.

    O belén, situado, no local da rúa Nova, en Campaña, abrirá as súas portas ata o vindeiro oito de xaneiro, polas tardes de luns a venres e en horario de mañá e tarde domingos e festivos. Na nosa visita coincidimos cunha excursión de pequenos estudantes. Aínda que cada un tiña os seus favoritos, todos coincidían no mesmo.

    Pero se aínda no se achegou ata alí, se o fai preste moita atención xa que hai unha figura que está agochada. No sorteo que se celebrará o último día, quen a adiviñe poderá levarse o personaxe que máis lle guste.

    Redacción Salnés