Pontevedra> O psicopedagogo, Franceso Tonucci, está de visita na cidade. Esta mañá foi recibido pola presidenta e vicepresidente da Deputación. Ao longo desta semana Tonucci protagonizará distintas actividades en toda a provincia. O fin, divulgar o seu ideario sobre os espazos públicos nas diferentes cidades pontevedresas. O psicopedagogo italiano Franceso Tonucci, tamén coñecido polo seu alter ego como debuxante “FRATO” está moi presente esta semana en Pontevedra. Nesta ocasión dende a Deputación teñen como fin que o seu modelo de cidade feliz, chegue a todas as urbes da nosa provincia, como xa o fixo coa cidade de Pontevedra. O importante, tal é como dixo Tonucci esta mañá é que os políticos entendan que é necesario un cambio nas cidades para crear e contar cunha sociedade feliz, é para iso é imprescindible dar o protagonismo e prioridade ao peón. O vindeiro venres 28 inaugurarase no Pazo da Cultura de Pontevedra a exposición “Imaxinar a educación. 50 anos con Frato, e os días 25 e 26 do vindeiro mes de maio, Pontevedra acollerá a reunión anual da Rede Española de Cidade dos Nenos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/24/tonucci_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/24/tonucci.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA