O BNG recolle o malestar dos propietarios de fincas nas proximidades do muíño de Correa

    RIBEIRA> Os veciños quéixanse de que non poden acceder ás súas parcelas a consecuencia da construción do paseo fluvial do río Arlés. Van alá varios meses dende o remate da construción da senda peonil do río Arlés e os veciños, a pesar de telo solicitado en máis dunha ocasión, seguen sen ver cumpridas as súas reivindicacións. Quéixanse de non poder acceder ás súas fincas debido ás obras realizadas. O grupo municipal do BNG fíxose eco do seu problema, que agora a través dunha moción será levado ó pleno, na busca dunha solución. Dende o BNG tamén demandan unha actuación de mantemento na propia senda, debido á falla de limpeza pola elevada vexetación, e o mal estado que presenta o firme a consecuencia das chuvias do inverno.