Nova programación de O Ganapán no Mercado

Pontevedra> A espazo infantil no mercado de Abastos, o Ganapán, continúa con moita programación neste 2017. No mes de decembro a acollida foi moi boa e dende o concello xa teñen organizados os vindeiros meses co fin de converter o mercado nun espazo de convivencia para toda a familia. 

 

A inauguración do espazo infantil do Mercado de Abastos de Pontevedra, o Ganapán, no mes de decembro foi un éxito. Con él chegarán novos retos neste 2017. Neste ano este espazo abrirá as suas portas os venres e os sábados. Todo co fin de que os pequenos coñezan a base da nosa economía que son a terra e o mar. 

Os venres o Ganapán abrirás as súas portas aos colexios que o soliciten e tamén a asociacións de diferente índole. O sábado os obradorios estarán abertos a todos os pequenos de entre 3-6 anos que o desexen previa incripción no enderezo do Ganapán. 

Os sábados de cada mes terán diferentes temáticas e esa temática será o eixo central de cada un dos obradoiros que teñan lugar no Ganaapán. Así o mes de febreiro estará centrado no entroido, o mes de marzo na muller e o mes e abril nas artes galegas. En relación á reforma do mercado a concelleira desta área dixo que agarda que estes traballos, que serán moi rápidos, estén rematados neste 2017. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/o_ganapan_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/o_ganapan.mp4{/flowplayer}