A Deputación de Pontevedra, a que máis transfire directamente ós concellos

63

PONTEVEDRA> A presidenta da Deputación presentou esta mañá os datos do Ministerio de Facenda sobre as transferencias directas feitas pola deputación a outras administracións. Con isto quixo responder ás acusacións do PP provincial de destinar poucos recursos ós concellos e de facelo só a aqueles que gobernan PSdeG e BNG.

A Deputación de Pontevedra é a administración provincial que máis transferencias directas fai ós concellos no estado español, cun 28,60% fronte ó 0,9% de media no resto de España. Así o afirmaba esta mañá Carmela Silva respondendo ás críticas do PP provincial sobre os fondos destinados ás administracións locais.

Destacou ademais que as subvencións dos plans destinados ós concellos entre o 2016 e o 2019 foron maioritariamente para concellos gobernados polo PP, cun 41,9%.

Carmela Silva insistiu en que o goberno provincial respecta a autonomía local como mostra de democracia en estado puro.

Aproveitou para informar que nestes momentos xa son 42 os concellos que teñen adxudicadas o 100% das achegas do Plan Concellos.