Ravella corta a conexión aos servizos municipais do circo por carecer de licenza

    VILAGARCIA> O circo “Vienna Roller” parece que finalmente non ofrecerá o seu espectáculo tal e como tiña previsto para este xoves. O concello de Vilagarcía ordenou o corte da conexión aos servizos municipais por carecer de licenza municipal de actividade. O circo Vienna Roller pretendía establecerse nun solar da Escardia, a pesar da negativa do concello da vila que se declarou cidade libre de espectáculos con animais no 2015. Unha negativa que este martes o responsable do circo admitía, pero que ao mesmo tempo afirmaba que tan só unha orde xudicial frearía a súa actividade en Vilagarcía. Ante estas intencións de continuar coa actividade a pesar da negativa do concello, dende Ravella decidiron cortar a conexión ao servizos municipais por carecer de licenza. O espectáculo de este circo conta con crocodilos e serpes nalgúns dos seus números, unha situación que propiciou a negativa do concello, que onte bloqueaba a entrada ao solar onde se están a instalar os membros do circo cun camión municipal. A pasada semana en Sanxenxo sucedeu unha situación similar, aínda que o asesor xurídico do concello indicou que o circo tiña dereito a traballar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/25/circo_polemica_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/25/circo_polemica_vilagarcia.mp4{/flowplayer}¡