A Unión Europea nega a prórroga a ELNOSA

Pontevedra> A Unión Europea prohibe a Elnosa seguir utilizando mercurio a partir de decembro. Unha medida ante a que o concello ten pouco que engadir, e que significa, que o 11 de decembro, será o último día en que Elnosa poderá utilizar mercurio para producir cloro en Lourizán. O 11 de decembro será o último día en que Elnosa poderá utilizar mercurio para producir cloro en Lourizán, así llo comunicou a Consellería de Medio Ambiente ao comité de empresa da fábrica de Lourizán atendendo ás ordes emitidas dende a Unión Europea. Dende o concello din que sempre estiveron a favor de quitar da Ría de Pontevedra a esta empresa, e que é a propia empresa a que tivo tempo ou ben de adaptar a súa teconoxía ou buscar outra ubicación. Os traballadores da empresa contaban cunha prórroga, a negativa da Unión Europea significa que a única alternativa que se expón para a continuidade da cloreira sería a elaboración de hipoclorito sódico. De non ser así, o 11 de decembro pechará as suas portas.