O concello habilitará 22 prazas novas de aparcamento na Xunqueira

Pontevedra>A comisión de Urbanismo, en Pontevedra, ven de dar luz verde a creación de 22 novas prazas de aparcamento na Facultade de Ciencias do Deporte. O obxectivo do concello é crear unha zona única de aparcadoiro no campus, e deixar liberada a parte central desta zona universitaria na Xunqueira. Anabel Gulías estreouse esta mañá como nova concelleira de Urbanismo trala comisión desta área. Entre todos os puntos destacou a aprobación das 22 prazas de aparcamento diante da Facultade de Ciencias do Deporte. O fin do concello é o de liberar a parte central do campus de coches e de crear máis prazas nesa zona da Xunqueira. Ademais a comisión de Urbanismo ven de dar luz verde a creación dun negocio que combinará o arranxo de bicicletas cun espazo de lecer, unha cafetería. Un negocio que non se sabe onde abrirá as súas portas, de momento soamente dan o visto bo a que sí que se pode levar a cabo esta iniciativa. Unha comisión que tamén autorizou o uso comercial e dous espazos na zona Vella, un na rúa das Ánimas e outro en Don Filiberto. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/25/urbanismo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/25/urbanismo.mp4{/flowplayer}