Os domingos de maio haberá “visitas cruzadas” no Sexto edificio

Pontevedra> O Museo de Pontevedra inicia no mes de maio as súas visita cruzadas. Unha iniciativa onde persoeiros vencellados co mundo da cultura galega converteranse en guías por un día. Uxía, Isabel Risco, Jorge Coira ou Quico Cadaval serán soamente algúns dos protagonistas que amenizarán as mañás dos domingos de maio. O domingo 7 de maio darán comezo no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra as Visitas Cruzadas. Unhas visitas moi especiais onde persoeiros da cultura galega exercerán de guías por un día. As visitas serán todas as 12 da mañá, serán de balde previa inscrición a través do gabinete didáctico. O primeiro domingo de maio as protagonistas serán Uxía e Isabel Risco, o 14 Jorge Coira e Manuel Gago levarán a voz cantante, o domingo 21 será a quenda de María Lado e Quico Cadaval e pecharán estas visitas cruzadas Iria Collazo e Quico Novoa. O obxectivo e achegar toda a arte que oferta o Sexto Edificio dunha maneira diferente. Cada domingo haberá 50 prazas que se dividirán en dous grupos. Así durante 50 minutos realizarán unha visita cun dos protagonistas e nos outros 50 minutos con outro. Desta maneira coñecerán o mesmo espazo dende dous puntos de vista. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/26/visitas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/26/visitas.mp4{/flowplayer}