Rianxo acolle ata o vindeiro domingo a primeira feira do libro postcovid

RIANXO> Esta mañá tiña lugar a súa inauguración. Un acto no que estiveron presentes diversas autoridades, e que contou co escritor  local Xosé Ricardo Losada coma pregoeiro.

Un total de cinco librarías, tres delas do Barbanza: ler, Cándido e Ben, participan  este ano na Feira do Libro de Rianxo. Unha das principais novidades é que cambia de emprazamento. Desenvolverase no Campo de Arriba en lugar da praza Castelao, coma era costume en edicións anteriores. Outro dos cambios virá condicionado pola covid, o que obrigará a extremar as medidas de seguridade. Haberá que manter as distancias, usar a máscara e empregar tamén os xeles hidroalcólicos.

Esta mañá tiña lugar a apertura da feira e o acto inaugural no que participaron diversas autoridades, entre elas o alcalde, Adolfo Muíños, e o deputado responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto. Os dous incidiron na  importancia desta cita.

O escritor local, Xosé Ricardo Losada, actuou de pregoeiro da Feira, que en Rianxo xa chega á súa oitava edición.

A feria estará aberta ó público ata o vindeiro domingo das once ás dúas pola mañás e de cinco a nove polas tardes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí