A avogada do Chicle recurre a sentenza

RIBEIRA> Considera que se vulneraron os dereitos do seu defendido e pide que se repita o xuízo.

Novo xiro no caso Diana Quer. A avogada do único acusado pola desaparición e morte da moza madrileña, José Enrique Abuín, presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un recurso de casación contra a sentenza que o pasado mes de decembro condenou ó seu cliente a prisión permanente revisable. Fernanda Álvarez considera que se vulneraron tódolos dereitos e garantías do seu defendido, polo que pide a nulidade do xuízo e que este volva a repetirse. Segundo recolle esta fin de semana A Voz de Galicia, e posteriormente outros medios de comunicación, a avogada do Chicle considera que as probas recadadas durante o xuízo foron subxectivas e nalgúns casos falsas. Sinala ademais que o proceso estivo marcado por unha absoluta contaminación mediática, chegando mesmo a calificalo coma propio da xustiza medieval, xa que, segundo ela, en ningún momento se respectou o dereito á presunción de inocencia do seu defendido. Ante esta situación reclama a súa nulidade, e que se devolva a causa a Audiencia Provincial e se celebre un novo xuízo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí