Rañeir@s ve complicado xestionar o libre sen axudas para vixilancia

RIANXO> Antes de que acabe o ano, os patróns das confrarías integradas en Rañeir@s da Ría volveranse reunir para valorar a viabilidade do plan de xestión do libro marisqueo. O motivo da xuntanza é a denegación das axudas por parte de Mar para desenvolver as tarefas de vixilancia e control.

Así as cousas dificilmente as confrarías poderían asumir os gastos de vixilancia en Cabío, o Bohído e Os Lombos, que precisarían da contratación de seis vixilantes e un biólogo. Gastos que xa lles supoñen un auténtico esforzo no que se refire ás súas concesións nas que si contan con subvencións por parte da Xunta.

A denegación das axudas reside na falla de contestación ante un requirimento realizado pola Consellería da que, segundo o patrón maior rianxeiro, non recibiron notificación.

Haberá que agardar ás conclusión da xuntanza mantida polos representantes dos seis pósitos que integran a xestora que non descartan devolver a xestión do libre á administración.