Portos destina máis de cincuenta mil euros á mellora dos amarres en Porto do Son

    PORTO DO SON> O presidente de Portos de Galicia visitou as instalacións portuarias de Porto do Son onde se veñen de acometer varias actuacións. Ademais das melloras nos sistemas de defensa, José Juan Durán interesouse por outras demandas formuladas pola confraría como o peche dos accesos para vehículos non autorizados. O presidente de Portos de Galicia quixo coñecer de primeira man as melloras realizadas nos peiraos de Porto do Son e Portosín, nos que o departamento que dirixe investiu máis de cincuenta e tres mil euros. A instalación de novos sistemas de defensa supón unha notable mellora nas condicións de amarre das embarcacións. Acompañando a Durán na súa visita estiveron o alcalde de Porto do Son e o patrón maior da confraría quen aproveitou para agradecerlle outras actuacións demandadas polo póisito como a instalación dun sistma de control de acceso á zona portuaria Nos mesmos termos pronunciouse o alcalde de Porto do Son trala premura do departamento autonómico en solucionar unha serie de problemas de alumeado no paseo Luis Oujo aproveitou a presenza do presidente para plantexar outras demandas como o peche da zona portuaria de Portosín ou a necesidade de rematar a reforma do Curro antes do verán . Demandas que José Juan Durán acolleu con interese comprometéndose a axilizalas ó máximo.