O mes de abril deixa 3009 parados menos en Pontevedra

Pontevedra> O paro baixa na provincia de Pontevedra en 3009 persoas. Segundo informou esta mañá o Ministerio de Emprego e Seguridade Social hai un total de 81.385 persoas inscritas como demandantes de emprego. O sector servizos é o que permitiu que o mes de abril chegase con estes bos datos en canto ao emprego se refire. O paro rexistrou datos positivos na provincia de Pontevedra, en total 3009 persoas menos no paro deixa o mes de abril. Con todo, continúan sendo 81.385 as persoas inscritas demandantes de emprego. Datos positivos pero o que máis preocupa aos sindicatos é a precariedade dos contratos. Por comarcas en Pontevedra hai 638 persoas menos no paro, na comarca do Salnés 780 persoas menos inscritas no INEM, chama a atención, entre as dúas comarcas, as 209 altas do Grove, as 112 de Cambados, 159 en Sanxenx, 203 na Boa Vila ou 172 de Vilagarcía de Arousa. Isto débese a que o sector servizos é un dos principais motores da economía nas Rías Baixas. Estes datos positivos daranse ao longo dos vindeiro meses coa época estival, o problema chegará, segundo os sindicatos, entre setembro e outubro. Dende os sindicatos piden novas políticas de emprego para conseguir un traballo digno, de calidade e duración. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/paro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/paro.mp4{/flowplayer}