POBRA> Iván Fidalgo e a súa dona, Jessica Abelleira recibían con gran ilusión o premio. Xunto ós seus dous fillos viaxarán proximamente a Eurodisney, despois de que o seu pasaporte resultara premiado no sorteo organizado pola concellería de Promoción Económica dentro da campaña ‘Pasaporte a Disney’ co fin de incentivar as compras durante o pasado Nadal.
Dende o Concello destacaron a importancia desta campaña, coa participación de máis de 40 establecementos da localidade e na que se repartiron máis de 4.500 pasaportes.
A iniciativa comercial conta coa colaboración da firma Congalsa para quen apoiar ó tecido local é unha das súas señas de identidade,
Dende o Concello aproveitaron a ocasión para agradecer tamén á firma Congalsa o seu apoio un ano máis con esta iniciativa.











