Asistimos á primeira recollida do composteiro comunitario de Barro

    BARRO> A deputada provincial, Eva Villaverde, acompañou esta mañá ó alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a realizar a primeira entrega do composteiro comunitario do concello. Desde que comezou a funcionar, en setembro pasado, leva tratadas oito toneladas de residuos. O composteiro comunitario de Barro leva en funcionamento desde comezos de setembro pasado. E hoxe tivo lugar o último proceso desta primeira quenda, o cribado do compós e a primeira entrega, tanto ós veciños que pariticparon depositando a súa materia orgánica, como á Escola Infantil do municipio. Nesta primeira criba, foron testemuña tanto o alcalde, como a Deputada Provincial Eva Villaverde, que puxo en valor o plan Revitaliza da Deputación que está a levar este tipo de transformación de residuos ós concellos pontevedreses. Desde que comezou a funcionar en setembro, o composteiro comunitario leva tratadas oito toneladas de residuos. Xosé Manuel Fernández Abraldes. suliñou que o o compromiso do concello de Barro con este sistema de tratamento dos residuos orgánicos continuará adiante, por diversos motivos . Ó contrario que está a acontecer noutros concellos, en Barro os veciños, segundo afirma o alcalde, están recibindo estes composteiros comunitarios de forma moi positiva. O rexidor animou a que co tempo as casas do rural do municipio opten tamén pola instalación de composteiros particulares. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/visita_composteiro_barro_04052017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/visita_composteiro_barro_04052017.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí