Podemos Boiro reclama a instalación de desfibriladores nos postos de socorrismo das praias

BOIRO> Podemos reclama a instalación de desfibriladores nos postos de socorrismo das praias da localidade, especialmente aquelas nas que lucirá este ano o distintivo de bandeira azul, como é o caso de Carragueiros, O Saltiño e Barraña. Dende a formación consideran que o prezo destes aparellos, ó redor duns 1.200 euros, non é un desembolso tan grande para o Concello, se temos en conta que, grazas a el, se poderían salvar moitas vidas. Por outro banda tamén lle solicita ó Concello que a limpeza dos areais se faga de xeito manual para protexer a coñecida píllara dás dunas, e non se limpe coa máquina, que ademais de eliminar as algas, unha fonte de alimento para estas aves, destrúe os seus niños, ó tratarse dunha especie en perigo de extinción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí