RIANXO> A confraría de Pescadores vén de remitirlle un escrito a Portos de Galicia no que lle solicita o arranxo inmediato de varias deficiencias existentes na zona portuaria. Unha delas fai referencia á construción de novos puntos de amarre para as embarcacións da terceira lista.
Máis esta solicitude non é a única, e o pósito demanda unha resposta urxente a outros problemas para os que dende hai tempo veñen pedindo solución. Así o patrón refírese tamén á necesidade de arranxar as torres da corrente e o subministro de auga os pantaláns dos bateeiros e a sinalización de todo o espazo portuario e estradas de acceso ó mesmo.
Tamén reclaman o arranxo da cuberta da lonxa que sufriu desperfectos o pasado inverno por mor do temporal e aínda non foi arranxada. Segundo o patrón maior, Portos cobra una serie de taxas por servizos que non está a prestar axeitadamente, e a situación do porto a día de hoxe é deficiente.