SANXENXO> horas despois a propias Luísa Piñeiro estreaba as súas novas funcións como delegada territorial da xunta en Pontevedra, nun acto en Sanxenxo no que Alfonso Rueda tamén visitaba por primeira vez a nosa comarca como cabeza da consellería de turismo para reuniuse co clúster de turismo de Galicia para abordar os pasos a seguir para apoiar ao sector despois da tempada alta. Ambas partes acordaron continuar potenciando a marca Galicia Destino Seguro. Tamén ven no xacobeo 2021 unha oportunidade histórica para reforzar ao sector.
Os datos de turismo en Galicia, tendo en conta a crise sanitaria, foron mellores do agardado. A comunidade situouse nos postos máis altos en canto o número de visitas recibidas. Pero co fin da tempada alta preocupa a situación e o futuro do sector. Por elo o vicepresidente da Xunta estreou na nosa comarca o seu cargo ao fronte da consellería de turismo reuníndose en Sanxenxo cos representantes do clúster de turismo de Galicia. Nela abordaron os pasos a dar para beneficiar ao sector. Ambas partes acordaron continuar promocionando a marca Galicia Destino Seguro.
Dende o clúster sinalan que as políticas das administracións serán claves para que se manteña o sector.
Ambas partes tamén destacaron a importancia para o sector do Xacobeo 2021.
Dende o sector desexa que o Xacobeo 2021 se poida ampliar ata o 2022. Unha opción na que xa está a traballar a Xunta de Galicia. O propio presidente da administración galega pediu o apoio ao rei para conseguir a ansiada ampliación.