![]()
GROVE> Deste xeito quixo desmantelar o líder do PSOE as declaracións de Miguel Pérez en relación á situación económica do concello.
{flowplayer}images/salnes/PSOE_GROVE_ORZAMENTOS.flv{/flowplayer}
O líder dos socialistas do Grove, José Antonio Cacabelos, saíu esta mañá ó paso das declaracións vertidas a principios desta semana polo actual alcalde popular, Miguel Ángel Pérez, nas que aseguraba que a situación económica do concello era preocupante.
Segundo o voceiro dos socialistas, José Antonio Cacabelos, estas declaracións vertidas polo alcalde do Grove, só se sustentan en informacións erróneas. Recoñece que a situación é complicada pero non asfixiante e asegura que o exercicio do 2010 rematou cun superávit de 156.000 euros.
En relación ás críticas de que sobre a execución do gasto, Cacabelos informou que do orzamento duns nove millóns trescentos mil euros, en xuño aínda quedaban seis millóns e medio de euros para gastar.
Se falamos da Festa do Marisco, o voceiro socialista recoñeceu que a partida destinada a actividades folclóricas tiña un saldo negativo pero matizou que outras moitas o teñen positivo co que quedaría compensado.
Con todo, o líder da oposición considera que o único que pretenden desde o goberno local é xustificalo gasto do tripartito, unha suba de impostos e o impago a provedores. Aínda así amosáronse dispostos a colaborar con eles.
Redacción Salnés








