Uxía e Isabel Risco inauguran as visitas cruzadas no Museo

Pontevedra> O mes de maio trae moitas actividades culturais a Boa Vila, entre as Visitas Cruzadas do Museo de Pontevedra. Un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que ten como fin amosar a arte deste edificio dende outro punto de vista. As protagonistas desta primeira edición foron Uxía e Isabel Risco. Uxía e Isabel Risco fixoron visitas moi amenas e diferentes. As artistas desta xornada cualificaron de experiencia única a vivida o domingo 7 de maio no Museo de Pontevedra. Entre os espectadores estaba o deputado da área de Cultura da Deputación, quen considerou espectacular que esta primeira experiencia das visitas cruzadas. E o público que asistiu a esta primeira visita cruzada amosouse encantado. O que máis lles gustou foi a mestura entre a arte, a música e o humor. Os domingos de maio teñen por diante moitas máis visitas, a vindeira será este domingo día 14 ás 12:00 da mañá. Os protagonistas da xornada serán Manuel Gago e Jorge Coira. Esta orixinal visita é de balde o único que teñen que facer e inscribirse en gabinetedidactico.museo@depo.es. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/08/visitas_guiadas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/08/visitas_guiadas.mp4{/flowplayer}