POBRA> O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, realizou unha visita o buque arrastreiro ‘Falcón’, atracado no peirao comercial da Pobra, a onde chegou dende Montevideo para descargar lura, capturada en augas das illas Malvinas.
Durante as operacións de descarga o Conselleiro destacou o traballo do porto pobrense para consolidarse como punto de entrada da lura, complementando a xa asentada descarga de túnidos para fornecer de materia prima á potente industria transformadora presente na comarca do Barbanza.
Nesta ocasión, a lura descargada tiña como destino a planta frigorífica Frigonor Coldstore do Grupo Suflenorsa, asentada no polígono da Tomada que iniciou a súa actividade no 2022 e que na actualidade se atopa xa en fase de consolidación da produción na sala de elaborados.










