O mellor café de España servirase no recinto feiral do 11 ao 14

Pontevedra> Do 11 ao 14 de maio o Recinto Feiral de Pontevedra acollerá o IV Festival de Cafés Especiais de España. Un evento que se dividirá en 5 disciplinas, barista, Latte Art, Brewers, Coffe Good Spirits e Cup Tasters. O campión, nas cinco modalidades, terá a oportunidade de representar a España nos Campionatos Mundiais que se celebrarán no mes de xuño en Budapest. Do 11 ao 14 de maio 48 profesionais de Barista Latte Art, Brewers, Coffe in Good Spirits e Cup Tasters competirán no IV Festival de Cafés especiais SCA España. Un evento organizado polo Chapter Español da Asociación Europea de Cafés Especiais. O gañador nas 5 disciplinas terá a oportunidade de representar a España nos Campionatos Mundiais que se celebrarán en Budapest do 13 ao 15 de xuño. O alcalde de Pontevedra amosouse encantado de contar cun evento destas características. Dende a Deputación tamén quixeron amosar a importancia de que a cidade do Lérez acolla este campionato Nacional. E dende a organización dixéronnos esta mañá as claves que debe de ter un bo barista. L Xa o saben dende o 11 ao 14 de maio o Recinto Feiral de Pontevedra acollerá este evento ao que todo o mundo pode ter acceso, é de balde e alí poderemos degustar os mellores cafés feitos polos mellores profesionais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/cafes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/cafes.mp4{/flowplayer}