“Queremos normas que nos permitan ser libres, iguais e con todos os dereitos”

PONTEVEDRA> Á celebración do 8M sumouse tamén a Deputación de Pontevedra. Fíxoo cunha acción artística de Celeste Garrido. No acto, Carmela Silva esixiu máis normas que permitan as mulleres ser libres, iguais e con todos os dereitos.

A Deputación de Pontevedra celebrou este ano un 8M diferente pero sen dúbida, o máis reivindicativo dos últimos tempos. No seu discurso, Carmela Silva fixo fincapé en que o feminismo é inquebrantable e aproveitou para esixir máis normas que garantan a liberdade e a igualdade das mulleres.

Carmela Silva mostrouse tamén moi crítica coa prohibición das manifestacións do 8M.

A institución provincial celebrou este 8M con esta acción artística de Celeste Garrido. A marinense explicaba así o significado destas siluetas de cor branco e destas esferas nas que se podían ler palabras como “teito de cristal”, “prostitución”, ou “violencia de xénero”.

No acto da Deputación estivo tamén presente a edil de Igualdade do Concello de Pontevedra, quen centrou o seu discurso na importancia da corresponsabilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí