Pontevedra volveu a quedarse sen luz unha vez máis

PONTEVEDRA> Parece que os cortes de luz na cidade xa son unha tónica habitual. Os veciños e comerciantes de Eduardo Pondal volveron a sufrir, esta fin de semana, novos problemas no subministro eléctrico. Unha incidencia que, ademais, se rexistrou durante a final do Mundial de Baloncesto.

Este feito para que é xa algo habitual na cidade. Porque os subministros eléctricos volveron a fallar unha vez máis. Nesta última ocasión, foron os veciños e comerciantes de Eduardo Pondal os que sufriron cortes de luz mentres se celebraba a final do Mundial de Baloncesto. Unha avaría que lamentou esta mañá a voceira do goberno municipal.

O certo é que a pesares das chamadas de atención que o goberno municipal fixo á empresa responsable do subministro eléctrico, os cortes de luz volveron a producirse. E unha vez máis afectando a miles de clientes. Por iso, o malestar na rúa é palpable, tanto por parte dos veciños como dos comerciantes.

E mentres os representantes de Naturgy aseguran que Pontevedra conta cun dos mellores servizos de subministro eléctrico de España, aos veciños e comerciantes da Boa Vila non nos queda máis que sacar o humor fronte esta situación.