As obras da PO-531 á altura de Barro estarán rematadas no verán

    BARRO> A conselleira de Infraestruturas supervisou esta mañá xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra as obras que reforzarán a seguridade viaria da estrada PO-531 á altura de Barro. Éthel Vázquez asegurou que os traballos estarán rematados no verán. A conselleira de Infraestruturas, Éthel Vazquez , acompañado do Delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde d eBarro, José Manuel Fernánbdez, supervisou hoxe as obras de mellora da seguridade viaria na PO 531. Trátase duns traballos comezados hai unha semanas no tramo que comunica Pontevedra e Vilagarcía, no acceso ao polígono de Sequeiros, no concello de Barro. Vázquez salientou que esta actuación é unhas das máis demandadas polos veciños da zona, onde se rexistra un tráfico intenso. duns 18.000 vehículos ó día. Estas obras forman parte dun conxunto de actuacións proxectadas polo goberno galego para reforzar a seguridade nesta estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, que suporá un investimento de preto de 2,5 millóns de euros. Pola súa banda o alcalde de Barro, felicitouse polas obras, unha demanda histórica dos veciños. A conselleira asegurou que estas obras estarán rematadas no verán. E anunciou que de cara a protexer e incrementar a seguridade de ciclistas e peóns, a medio prazo está prevista a construción de tres sendas nesta PO531, cun orzamento de 850.000 euros. Unha delas será en Barro, e comunicará a zona de Bretoña co polígono de Sequeiros .