CIG-Ensino inicia o curso convocando unha manifestación o día 13 e unha folga o 25 contra os recortes da Xunta

PONTEVEDRA> CIG Ensino comeza o curso como o rematou: con mobilizacións. O sindicato ten previstas dúas xornadas de protesta para este mes de setembro. Dunha banda, unha manifestación en Santiago para o sábado 13. Da outra, unha xornada de folga para o día 25. Con estas iniciativas, buscan denunciar os recortes na educación pública da Xunta de Galicia e a falta de docentes.

CIG-Ensino comeza o curso con mobilizacións. O sindicato ten convocadas dúas xornadas de protesta contra os recortes da Xunta na educación pública. A primeira, unha manifestación en Santiago o sábado 13 de setembro. A segunda, unha xornada de folga o día 25.

As dúas mobilizacións están enmarcadas na campaña dos tres R do sindicato: Rectificar, Recuperar, Recoñecer.

A CIG denuncia que a día de hoxe nos colexios públicos de toda Galicia hai ao redor de 800 prazas sen cubrir. Unha situación que, aseguran, encaixa na folla de ruta que aplica a Xunta dende hai 15 anos.

O sindicato destaca que os recortes da Xunta afectan sobre todo á atención á diversidade ou ao apoio do alumnado con necesidades especiais. Tamén alertan do empeoramento das condicións laborais do profesorado.