Pontevedra> Piden xustiza. As nais de tres mozos que foron denunciados por unha falsa violación en Monte Porreiro, Pontevedra, queren que a moza pague polos danos ocasionados. Os mozos tiveron que estar no calabozo e viviron momentos de moita tensión no último ano. Agora queren que a xustiza actúe. Que se faga xustiza, iso é o que buscan as nais de tres mozos de 16,20 e 22 anos de Monte Porreiro que foron falsamente acusados de violación. En marzo deste ano estes mozos quedaron exculparon desta causa. Pero dende que comezou todo este proceso, a finais do 2016, estas familias viviron un auténtico calvario. Estas nais non entenden porque dalgún xeito os seus fillos teñen que estar fichados por nada. Por iso agora teñen claro que o que queren é que se faga xustiza, e que tanto a moza que denunciou como a súa nai paguen polos danos que ocasionaron a estas familias. Para isto xa presentaron unha denuncia no día de onte no xulgado de garda por denuncia falsa. TOTAL O que teñen claro estas nais é que van a loitar todo o que faga falta para que se faga xustiza. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/10/denuncia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/10/denuncia.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA